Premios Magnum do Viño Galego 2016

Os galardoados na VII Edición dos Premios Mágnum Do Viño Galego nas distintas categorías son os seguintes:

  • Mágnum ao Mellor Viño Galego:

    Caíño Finca Genoveva 2014 (Forjas del Salnés)

  • Mágnum ao Mellor Viño Revelación galego:

    Finca Lobeiras 2014 (Sílice Viticultores)

  • Mágnum á Mellor Adega Galega:

    Adegas Guímaro

  • Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego:

    A Emoción dos Viños

  • Mágnum á Mellor Iniciativa de Enoturismo:

    Casal de Armán

  • Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego:

    Eduardo Camiña Ucha

  • Mágnum Honórifico "Vinolvidable":

    Cristino Álvarez,“Caius Apicius”

Gañadores do VII Premios Magnum do Viño Galego

Os Mágnum

O Instituto Galego do Viño celebrará o vindeiro día 20 de febreiro ás 19:30 horas a Gala de Entrega de Premios da VII Edición dos Premios Mágnum do Viño Galego na que se recoñecerán os traballos e profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia no último ano.

A cita terá lugar na Cidade da Cultura (Auditorio do Edificio Biblioteca) e reunirá aos máis importantes representantes do sector na nosa comunidade, así como a autoridades do eido político e social.

Como novidade, nesta edición dos Premios Mágnum incorpórase un novo galardón: o Mágnum á Mellor Iniciativa de Enoturismo. «Este galardón vén recoñecer o mérito das mellores propostas encamiñadas a desenrolar o enorme potencial do enoturismo en Galicia», en palabras do director do INGAVI, Xoán Cannas. A maiores, este ano o número de nomeados en cada categoría tamén se modifica, pasando de catro a cinco, para dar cabida á gran cantidade de proxectos de calidade que están a xurdir no sector.

O xurado concede estes galardóns en sete categorías:

  • Mágnum ao Mellor Viño Galego
  • Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego, viños cun máximo de dúas colleitas no mercado.
  • Mágnum á Mellor Adega Galega , entendida como colección de viños no mercado da máxima calidade .
  • Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego.
  • Mágnum á Mellor iniciativa de Enoturismo.
  • Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego.
  • Mágnum Honórifico "Vinolvidable" a un profesional destacado polo seu traballo a prol do viño galego.

 

Os premios estarán representados, un ano máis, por sete obras de arte; sete fermosas esculturas realizadas por Alejandra Sampedro que consisten nunha revisión da botella mágnum á que incorpora as crebas que arrastra o mar en torno ao faro Silleiro e que outorgan exclusividade a cada peza.

Premios Mágnum - Esculturas de Alejandra Sampedro

Premios Mágnum - Esculturas de Alejandra Sampedro

Patrocinadores

Logo Magma de Cabreiroa Logo de la Diputación de Pontevedra Logo de Turismo Rías Baixas Logo Xunta de Galicia Logo de la Fundación Cidade da Cultura de Galicia Logo D.O. Ribeiro Logo de Cafés Toscaf Logo de Galicia Calidade Logo Schweppes Logo Gadis Logo Koala Logo de Oca Hotels Logo Monbus Image Map

Xurado

O xurado dos Premios Mágnum está composto por recoñecidos sumilleres, profesores e alumnos do Instituto Galego do Viño. Son os seguintes:

Ferrán Centelles
Ferrán Centelles
 

César Ruiz
César Ruiz
 

Miguelanxo Besada
Miguelanxo Besada
 

Adrián Guerra e Fernando Filgueira
Adrián Guerra e
Fernando Filgueira

Mario Barrio
Mario Barrio
 

Guillermo Cruz
Guillermo Cruz
 

Juanjo Figueroa
Juanjo Figueroa
 

Esther Daporta
Esther Daporta
 

Luis Díaz
Luis Díaz
 

´Jorge Vila
Jose Martinez
 

´Elisabet Castro
Elisabet Castro
 

´Jorge Vila
Jorge Vila
 

Xoán Cannas
Xoán Cannas
 

Nomeados

1. Mágnum ao mellor viño galego.

  • El Palomar 2014 (Zárate)
  • Lousas Parcela Camiño Novo 2015 (Envínate)
  • Caíño Finca Genoveva 2014 (Forjas del Salnés)
  • O Soro 2014 (Rafael Palacios)
  • Bastarda 2015 (Fedellos do Couto)


2. Mágnum ao mellor viño revelación galego.

  • Finca Lobeiras 2014 (Sílice Viticultores)
  • Castro Candaz La Vertical 2013 (Raúl Pérez y Rodrigo Méndez)
  • Carralcoba Blanco 2015 (Eulogio Pomares)
  • Merenzao 2014 (Fazenda Prádio)
  • Xanledo 2015 (Viñedos do Gabián)


3. Mágnum á mellor adega galega
(entendida como colección de viños).

  • Adegas Guímaro
  • Nanclares y Prieto Viticultores
  • Bodegas Albamar
  • Bodegas Rafael Palacios
  • Attis Bodegas y Viñedos


4. Mágnum á mellor labor de difusión do viño galego.

  • Alma Vinos Únicos
  • A Emoción dos Viños
  • La Alacena Roja
  • Come e Fala (RTVG)
  • Cepas y Vinos


5. Mágnum á Mellor iniciativa de Enoturismo.

  • Os Xoves de Códax (Martín Códax)
  • Adega Algueira
  • Fazenda Prádio
  • Casal de Armán
  • Pazo Baión


6. Mágnum ao mellor sumiller no tratamento do viño galego.

  • Eduardo Camiña
  • Xurxo Rivas (O Secreto)
  • José Luis Aragunde (Ribeira De Fefiñáns)
  • Elisabet Castro y Manuel Fernández (Mesón do Campo)
  • Francisco Chao (Casa Chao)


7. Mágnum honorífico 'Vinolvidable'.

  • O gañador do Mágnum Honorífico pola súa contribución ao viño galego será dado a coñecer na Gala de Entrega de Premios.


Bases

 

  1. Os Premios Mágnum do Viño Galego teñen como finalidade promocionar a cultura do viño en Galicia a través do recoñecemento ás persoas que traballan decididamente a prol do futuro do viño galego.

    Asemade, os Premios Mágnum queren dar a coñecer aos consumidores e aos mercados a enorme calidade dos profesionais do viño en Galicia, facendo especial mención na promoción dos sumilleres e da súa labor.

  2. A convocatoria e organización dos Premios Mágnum corre a cargo do Instituto Galego do Viño.

  3. Os Premios Mágnum concédense con periodicidade anual. Os premiados en cada categoría nunha convocatoria non poderán ser premiados de novo na mesma categoría durante os seguintes 5 anos para favorecer a promoción de novos valores do viño galego.

  4. Só poderán ser candidatos aos premios as adegas que teñan a súa sede social en Galicia e os viños producidos en Galicia. Pola contra, si poderán ser premiados sumilleres, entidades e profesionais da difusión do viño que destaquen polo seu apoio ao viño galego fóra de Galicia.

  5. Son 7 os Premios Mágnum que se conceden en cada convocatoria:

    • Mágnum ó mellor viño galego.
    • Mágnum ó mellor viño revelación galego, viños cun máximo de dúas colleitas no mercado.
    • Mágnum á mellor adega galega, entendida como colección de viños no mercado da máxima calidade.
    • Mágnum á mellor labor de difusión do viño galego.
    • Mágnum á Mellor iniciativa de Enoturismo.
    • Mágnum ó mellor sumiller no tratamento do viño galego.
    • Mágnum honorífico a un profesional destacado polo seu traballo a prol do viño galego.

    

  6. Poderase establecer que algún destes premios sexa outorgado por afeizoados amantes do viño, persoas non profesionais do sector pero interesados no mundo do viño galego. Neste caso, facilitarase unha ferramenta online que permita a votación entre os candidatos previamente elexidos polo xurado.

  7. O xurado estará composto por destacados profesionais que forman parte do Claustro de Profesores do Instituto Galego do Viño, todos eles viticultores, enólogos e sumilleres dos diferentes ámbitos profesionais do viño (hostelería, tendas especializadas, distribuidores, adegas, comunicadores, etc.). A composición do xurado para cada edición será publicada na páxina web do Instituto Galego do Viño. En caso de empate nas votacións, o director do Instituto tendrá voto de calidade.

  8. No caso de que un membro do xurado se atope entre os nominados nalgunha das categorías, éste non poderá participar da votación en dita categoría.

  9. As candidaturas serán presentadas polos compoñentes do xurado segundo o seu criterio profesional. A votación celebrarase en dúas roldas: os candidatos máis valorados na primeira rolda de votacións, serán elexidos como nominados e, entre estes, realizarase a votación final para a concesión dos Premios Mágnum.

  10. A organización dos Premios Mágnum ten a potestade de deixar deserta unha candidatura no caso de que o xurado valore que non existen candidatos óptimos, así como a anular a celebración dos Premios se as circunstancias obrigan a tomar esta decisión.

  11. O fallo dos Premios será inapelable e a entrega de premios realizarase en acto público na data que estipule o Instituto Galego do Viño. A este acto estarán convidados todos os nominados así como representantes dos diferentes sectores profesionais relacionados co viño galego, medios de comunicación e autoridades públicas.

  12. O Instituto Galego do Viño encargarase de publicar e difundir os gañadores dos Premios Mágnum a través de todos os medios ao seu alcance dentro do sector do viño galego e a través dos medios de comunicación galegos e de fóra de Galicia. Os nominados e premiados consinten a utilización dos seus nomes e marcas comerciais para a difusión dos premios nos devanditos medios.

  13. Para calquera dúbida poden dirixirse á seguinte dirección: blopez@ingavi.org.

Anteriores edicións

Enlaces de prensa:

Logo La Voz de Galicia

Logo Faro de Vigo

Logo Vinetur

Logo El Progreso

Logo Campo Galego

Logo Xornal 21

Invitacións

  • Unha localización privilexiada

    A entrega dos Premios Mágnum do Viño Galego 2017 terá lugar no fantástico entorno da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás, s/n - Santiago de Compostela), (Auditorio do Edificio Biblioteca) .

    Cidade da Cultura de Galicia

     

  • ¿Precisas máis información?





    Teu nome (requerido)

    Teu email (requerido)

    A túa mensaxe

    ydiaz@ingavi.org
    Tlfno: +34 665 940 180

     Banner Vertical Premios Magnun Do Viño Galego 2017
TOP